"A histórica batalla de Rande e o seu tesouro perdido"

Luns, 15 de abril do 2013


O día 1 de novembro do ano 1700 morría Carlos II o último rei de España, da Casa de Habsburgo. No seu testamento nomeaba a Felipe, duque de Anjou, da Casa dos Borbons. Pero o testamento deixaba lugar a dúbidas, principalmente respecto ao papel do outro posible herdeiro, Carlos de Austria.

A entrada de Felipe en Madrid o 18 de xaneiro de 1701 desata a guerra. As forzas borbónicas, Francia e gran parte de España, e as austracistas, o Imperio dos Habsburgo, Holanda e Gran Bretaña, enfrontaranse nunha pugna polo control do decadente Imperio Español, na que Galicia apenas terá un papel representativo ata setembro de 1702. É aí cando se inician os prolegómenos da Batalla de Rande ou Batalla de Vigo. 

Os galeóns españois cargados co maior envío que se coñecía de tesouros procedentes de América, ían ao mando do Almirante e Xeneral Manuel de Velasco e Tejada, estaban protexidos polos navíos franceses ás ordes de François Louis de Rousselet, conde de Châteaurenault, e entraron en Vigo o día 22 de setembro de 1702. Refuxiáronse no fondo da ría, na enseada de San Simón, pasado xa o estreito de Rande protexido polo castelo de Corbeiro ao Norte, e o de Rande, ao Sur, en lugar de dirixirse a Sevilla, o porto que monopolizaba o comercio co Novo Mundo.





Os anglo-holandeses, baixo o mando do almirante George Rooke, descubriron o agocho do prezado cargamento. Os españois estaban preparados para a incursión, protexidos pola escuadra francesa, con canóns en terra e cadeas cruzadas na ensenada para impedir a entrada dos buques inimigos.
Finalmente, o 23 de outubro comezou a batalla. Os anglo-holandeses conseguiron conquistar as defensas de terra cun ataque anfibio logrando unha vitoria que se repetiría no mar tras menos de dez horas dun combate, que deixou aos navíos franceses en chamas e abriu unha vía libre para chegar aos cobizados galeóns españois cargados de tesouros. O cargamento de ouro, prata e outras riquezas estaba embarcado en tres galeóns de combate e de catorce comerciais. A mala disposición das naves para unha axeitada defensa e a superioridade anglo-holandesa fixeron que en menos de 10 horas de batalla se decidise esta en favor dos atacantes.

As defensas francesas cederon, os navíos estaban en chamas deixando vía libre aos cobizados galeóns cargados de riqueza. Unha vez gañada a batalla, os atacantes saquearon Redondela e a illa de San Simón. Vigo quedou a salvo protexida pola súa muralla e defensas. O día 30 de outubro Rooke ordena partir á súa armada, que abandona a ría de Vigo, aínda que deixa unha gornición de 27 buques de guerra xunto aos apresados ao mando do Almirante Shovel. Na retirada, os anglo-holandeses leváronse varios barcos apresados, entre eles un galeón español que estaba cargado cos tesouros recollidos. Á súa saída da ría de Vigo, este galeón encallou ao paso polas Illas Cíes e afundiuse sen localizarse a día de hoxe. A vitoria foi celebrada por ingleses e holandeses con entusiasmo. Proba diso é a existencia dunha rúa en Londres, chamada "Rúa de Vigo".




Na cidade olívica a batalla foi recordada pola súa magnitude e polo tesouro que quedou sepultado baixo o lama e que aínda hoxe continúa baixo a ría. O mito do tesouro segue vivo, e non só reparou nel Jules Verne que deu conta da lenda do tesouro de Rande en "20.000 leguas de viaxe submarina". Por outra banda, diversas empresas viñéronse interesando na busca e extracción do suposto tesouro e dos galeóns.Recentemente, a empresa alemá San Simon GmbHi Gr, ofreceu á Xunta de Galicia 310 millóns de Euros a cambio do permiso para explorar a zona, e o préstamo a longo prazo de tres galeóns que se mostrarían en museos de Moscú, Berlín e Rostock (Alemania).

Una primeira prospección non detectou indicios do suposto tesoro. O 3 de novembro de 2007, apareceron na prensa as primeiras imaxes dos galeóns afundidos, en concreto do Santo Cristo de Maracaibo, obtidas por Sónar por un grupo de arqueólogos, xeólogos e xeofísicos.





A maior dificultade á hora de localizar, sondar e escavar cada pecio é a enorme cantidade de lama acumulado polo tempo, xa que os ríos e regueiros que desembocan na bahían depositan anualmente gran cantidade de sedimento. Deste modo unha vez localizado o resto dun buque é preciso escavar varios metros ata chegar a este, necesitando un apuntalamento dos lamas para evitar o derrubamento de tan inestable material. Os arqueólogos Javier Luaces e Cristina Toscano deseñaron un proxecto titulado "Museo parque temático Rande. Los tesoros perdidos.Centro de investigación subacuática de Galicia" no que se propón a posibilidade de extraer un galeón e exhibilo nun gran acuario en vez de sometelo ós laboriosos procesos de secado.


fuentes:  herenciaespanola.blogspot.com.es; es.wikipedia.org; www.madridmasd.org; www.fundacionilladesansimon.org







No hay comentarios:

Publicar un comentario