O desaparecido castelo de Rande

martes, 7 de maio de 2013
 

Non se coñece con certeza se o Castelo de Rande xa existía no sec. XVI, o que sí sabemos é que foi destruído na batalla de Rande, pois xa nese intre era considerado un antigo fortetorre, aínda que se armou todo o que se puido para resistir.
 
O castelo de Rande tivo o seu parello na costa de enfronte, a Batería da Punta Corveiro, dende a cal se tiraba unha cadea ata o castelo de Rande para controlar o acceso a Enseada de San Simón.
 
 
 
 
A finais do sec.XVIII a Coroa decidiu restituílo (os planos consérvanse no Servicio Histórico Militar), restaurando o Castelo de Rande e a Batería de Punta Corveiro e engadíndolle ao primeiro unha nova batería que se proxecta unida para aumentar a potencia de fogo.
 
Xa no sec.XX e coas dúas fortificacións arruinadas, aprovéitanse os materiais para a
construción doutros elementos (cargadoiro de mineral entre outros), ata o punto
que da Batería do Corveiro xa non existe ningún resto localizable.

fuente: enseadasansimon.com;  ilustración de Serafin Avendaño


No hay comentarios:

Publicar un comentario