A comarca da ría de Vigo foi vítima de epidemias da cólera asiática, que no século XIX repetiron os dramáticos cadros vividos pola poboación desta zona no século XVI. A primeira destas epidemias, tivo lugar no ano 1833, sendo Vigo a primeira poboación de España que sufriu os seus graves efectos.
As autoridades sanitarias viguesas comezaron unha rápida e eficaz campaña. O famoso médico e historiador Nicolás Taboada Leal, elabora unha "Topografía Médica" de dita cidade e os seus arredores, expresando os motivos de porque a illa de San Simón era o lugar máis axeitado para a construcción do lazareto. Finalmente Vigo consegue o lazareto para a súa ría, reforzando a importancia comercial do seu porto e facilitando o despegue económico.
A "corentena" de 1843 durou desde o mes de xuño ata o mes de outubro e, nese periodo, entraron en San Simón 63 buques. Os enfermos dividíanse en dúas clases: Os desafiuzados, con esperanza nula, que se hospitalizaban na illa de San Antonio e tamén coñecida como "a illa da morte". Os recuperables ían para San Simón.
A ponte que une as dúas illas tiña unha doble porta. Ós desafiuzados levábaselles a comida en cestos especiais que o persoal poñía no medio da ponte. O servicio de porta non se facía simultáneamente senón que se abría a primeira porta, deixando a comida no centro, e a continuación de pechar esta con sólidas cerraduras abríase a segunda que conectaba coas instalacións dos agonizantes.
As roupas destes fervíanse e lavábanse no pequeno saínte rocoso, que máis tarde se converteu no "peirao das monxas". Entre outras das medidas practicadas no lazareto por temor ó contaxio estaba a desinfección do correo. Facíanse perforacións ás cartas, ademáis de fumigacións ou chorros de vapor en recipientes pechados.
Durante o periodo 1842-1854 a poboación corentenaria acercouse á cifra de 46000 persoas, rexistrándose unha entrada de 2439 buques, dos que 38 foron navíos de guerra.
Fuente: "Las islas de San Simón, aproximación a su historia", José Antonio Orge Quinteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario