"A traxedia no albergue da illa de San Simón"

mércores, 12 de xuño de 2013

Durante o terceiro ano de utilización do albergue a normalidade era manifesta. Os días de ocio, as saídas e excursións que os alberguistas organizaban, formaban parte das súas actividades cotiás. Pero esta calma rematou o martes 22 de agosto de 1950. Houbo un feito que conmoveu á opinión pública de toda España:

Ás cinco e cuarto de dita tarde, partía do embarcadoiro do albergue con destino ó antigo peirao de Cesantes a lancha coñecida como "Monchita". A bordo ían 66 persoas, destas, 64 camaradas da Garda de Franco, o piloto da motora Sr. Fabeiro e o xoven Carlos Alonso Martínez (ambos de Redondela). O motivo desta saída era xogar un partido de fútbol amistoso co C.F. Redondela. 
Cando navegaban sobre a zona de O Cobreiro, os ocupantes, por temor ás salpicaduras da oleaxe, inclináronse cara un costado facéndoa zozobrar, deste modo foi ó fondo de xeito inmediato con todo o pasaxe.

Preto do lugar dos feitos atopábase unha moza de 20 anos, Carmen Almoina, veciña de Cesantes que colleu unha pequena barca e logrou rescatar a catro persoas, unha delas faleceu antes de chegar á praia.

A maior parte dos alberguistas eran de zonas do interior da península e non sabía nadar. A última hora da tarde, o balance era de dez mortos e trinta e tres desaparecidos.







fuente: "Las islas de San Simón. Aproximación a su historia" (José Antonio Orge Quinteiro)

No hay comentarios:

Publicar un comentario