luns, 12 de agosto de 2013
Ó fondo da enseada de San Simón, na desembocadura do río Verdugo, a baixamar pon ó descuberto amplas áreas cubertas de plancto, que ofrece alimento a milleiros de limícolas e aves.
Calcúlase que nos invernos cerca de 15.000 aves teñen o seu asentamento na devandita enseada. Entre elas, algunhas aves únicas en Galicia e pode ser que tamén en España: a espátula, os gansos, a garza pequena, os flamengos...Das anátidas, a máis abundante é o pato asubión "anas penélope", o alavanco real "anas platyrhynchas", o pato careto "anas acuta", o parrulo cristado "anythya faligula", o parrulo chupón "aythya ferina", as cercetas, etc.
Completan esta fauna acuática unha chea de gaivotas, corvos mariños, carráns, mergos, patoulas e mobellas invernantes, facendo desta enseada unha das máis ricas, orniticamente falando, do mapa ibérico e sendo calificada en 1981 como refuxio de caza.
Fuente: As illas de San Simón. Aproximación á súa historia (José-Antonio Orge Quinteiro); avesdesansimon.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario