“Os Maios” é unha celebración popular que se fai nalgunhas zonas de
Galicia,que forma parte do ciclo do maio, época de exaltación da natureza para conmemorar a chegada da primavera e o
remate do inverno, e propiciar nas orixes a obtención de boas colleitas.
A súa orixe está vinculada á manipulación da natureza por parte do ser
humano, e aínda que non se sabe con exactitude créese que esta festa remóntase
ós celtas e que colleu sona coa chegada dos romanos.
Actualmente estas festas, son unha demostración folclórica galega. E en
Redondela ten especial importancia. O 1 de maio celébranse pasarrúas dos
distintos “maios”, que son estruturas de madeira cubertas de musgo, flores
silvestres, froitas, ovos, ó final do pasarrúas chégase á praza do Consello
onde se poden escoitar diferentes coplas que se cantan arredor dos “maios”.
Hai un concurso no que se premian os mellores “maios”, divididos entre
maios tradicionais que son os construídos con forma cónica, empregando
materiais vexetais, especialmente fento, pampullo, peonias, laranxas e flores
diversas e técnicas construtivas mecánicas non sintéticas. Outra modalidade é o
maio artístico que están construídos con forma non cónica empregando materiais
vexetais, e técnicas construtivas que non serán exclusivamente mecánicas.
O único material non vexetal permitido para a decoración dos Maios nas dúas
categorías é a casaca de ovo. No concurso tamén se premian as mellores coplas,
que deben estar escritas en lingua galega, cada maio debe contar como mínimo
con catorce coplas, e seis delas deberán ser interpretadas diante do xurado.
Cando finaliza o concurso os Maios deben permanecer expostos no lugar que
indique o xurado ou poder ser trasladados ás parroquias nas que foron
realizados para así que dar expostos e que a xente poida seguir aproveitando
estas obras.
Este ano ademai hai unha exposición de fotografías antigas dos “maios”,
estará ata o 4 de maio na sala 2 do Multiusos de A Xunqueira.
Fontes; Faro de Vigo, Diario Atlántico
No hay comentarios:
Publicar un comentario