Promover un conxunto de actuacións que consigan desenvolver desde o punto de vista económico, social e cultural o municipio de Redondela dunha forma integrada, ordenada e coherente coas planificacións estratéxicas a nivel rexional e auto nómico, partindo sempre da base dun enfoque sistémico que permita optimizar recursos e esforzos.
- Desenvolver iniciativas que axuden a cohesionar todo o territorio municipal
- Motivar o interese polo patrimonio mediante a rehabilitación de elementos emblemáticos do municipio
- Ampliar e mellorar os espazos de ocio e entretemento atendendo a criterios de accesibilidade e mobilidade
- Promover o respecto polo medio natural mediante a creación de sendas
- Mellorar a calidade de vida dos colectivos máis vulnerables
- Rehabilitar e poñer en valor o contorno físico e medioambiental da marisma e do litoral da enseada de San Simón
- Xerar solo dotacional no municipio para equipamentos públicos
- Integrar a área de equipamentos no ámbito natural da marisma
- Mellorar o estado actual dos equipamentos máis deteriorados e reconverter os que están en desuso
- Potenciar o ámbito natural da marisma xerando un valor turístico de marco incomparable
- Facer visible o potencial turístico da enseada de San Simón
- Fomentar entre a cidadanía unha maior sensibilización cara á preservación dos recursos medioambientais e patrimoniais
- Promover o uso de infraestruturas que fomenten e apoien a creación de emprego e o desenvolvemento económico local